Accueil du site
Coordination marée noire



envoyer l'article par mail envoyer par mail  [où ?]   [imprimer cet article]    Article précédent    Article suivant

Reclama un protocolo de actuación para sinistros como o do petroleiro

   « Os voluntarios son os únicos aos que lles debemos algo »

info Coordination marée noire
dimanche 11 novembre 2012
statut de l'article : public
citations de l'article provenant de : La Voz de Galicia


Javier Sar Romero leva 29 dos seus 44 anos andando ao mar. Foi o patrón maior máis novo de España, xa que cando tomou posesión na confraría de Muxía só tiña 27 anos, e tocoulle vivir de cheo a traxedia do Prestige. Dez anos despois, de todo o arquivo mental que atesoura e que daría, asegura, para varios libros, quédase coa marea de solidariedade que gañou a loita contra o chapapote e co desexo de que a mala xestión daquela catástrofe non se repita nunca máis.

-¿Que é o que máis recorda daqueles días de novembro ?

- O pesadelo daqueles días, diría eu, a incerteza do que podía pasar, porque en realidade non se sabía ben o que había que facer. Pero, a partir de aí, máis que nada quedan os sentimentos vinculados aos centos e centos de voluntarios que había todos os días, e de facer o que fixemos : axudar á xente que viña, que creo que é a única á que lle debemos algo.

-¿Lembra que estaba facendo cando o Prestige empezou a achegarse á costa de Muxía ?

- Acórdome perfectamente dende o primeiro día, porque, ademais, pasounos unha anécdota curiosa. Nós entramos o día anterior con bastante mal tempo, o que se lle chama de arribada, e fun coa tripulación tomar algo a un bar e escoitamos a noticia de que había un barco con problemas no corredor de tráfico, a 27 millas. Iso foi sobre as sete da tarde do día antes de termos o barco aquí encima, e nós saímos para o mar ás catro da mañá, en principio sen ningún problema, ata que ás sete e pico da mañá o patrón de costa, que estaba de garda, chamoume porque había un olor fortísimo a gasóleo e non sabía de que era. Nós estábamos traballando a unhas dez millas de Touriñán, e nun principio pensei que tiñamos algunha fuga, porque había unha peste enorme. Non sabíamos que podía ser ata que vimos uns ecos no radar, como a unhas seis millas, de catro ou cinco barcos, e caín na conta de que podía ser o famoso petroleiro. E, efectivamente. E non é de estrañar, porque coa corrente que hai un barco deses perfectamente pode derivar tres ou catro millas á hora, e se estaba a 27 millas... Pola mañá, xusto cando amenceu o día, nós quixemos virar e recoller o aparello, pero non puidemos porque estabamos atravesando unha mancha de combustible espesísima, duns vinte ou trinta centímetros ; o barco apenas a cortaba e levounos unha hora atravesala.

-¿Naquel momento xa eran conscientes do que ía pasar ?

- Si, si. Ese día ás oito e media da mañá chamoume o conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, e acórdome que me fixo unha pregunta : « Patrón, ¿cal é a situación ? ». « Estamos jodidos », díxenlle eu. Acababa de chegar o barco da Xunta, o Serra de Santiago, e aquilo era unha verdadeira contaminación. Na radio estaban dicindo que o barco estaba a 15 millas, cando en realidade estaba a tres e media de Touriñán, nin máis nin menos. Eu sempre digo que de haber levado o Prestige para Corcubión ou para A Coruña a contaminación podería ser menos, pero non nos librábamos, porque o barco viña describindo a súa traxectoria cunha mancha de petróleo dunhas tres millas de ancho, e dende as 27 millas das que viña... Todo chega a terra.

-¿É máis fácil dicir agora o que se fixo ben e o que se fixo mal ?

- A touro pasado podemos falar moitas cousas, pero eu sigo crendo o que crin dende o principio : o barco tiña que entrar en Corcubión. Claro que agora escoitas o que din os técnicos, ves as publicacións que saen, e eu non sei se tecnicamente iso sería posible, pero o barco tiña que ir para a zona máis próxima e que se actuase alí. Como moito levalo para A Coruña, pero iso suporía que xa tes unas sesenta millas de costa totalmente manchadas. Iso falámolo, claro, a touro pasado. Agora ben, eu entendo que calquera político que estea á fronte nunha situación desta envergadura, como non haxa un protocolo de actuación a seguir... E a día de hoxe non sei se o hai ou se non, ese é o problema. Pero daquela non se tiña nin idea do que había que facer, e é normal que o que pase sexa isto.

-Tivo que embarrancar o Cason para ter un dispositivo de separación do tráfico marítimo e que afundirse o Prestige para tomar outras medidas de seguridade. ¿Agora son suficientes ?

- Eu entendo que o problema hai que atallalo de base, e se soubesen que facer co barco sería todo moito máis rápido e moito máis fácil e, sen dúbida, a contaminación sería menor.

...




voir l'article complet -->>>

 

 


Locations of visitors to this page