Chirac recorrerá á xustiza en caso de que contaminación chegue a Francia
Jacques Chirac declarou o venres pola tarde en Copenhague que lle pedirá à xustiza francesa que instrúa unha causa penal contra o capitán e o fretador do Prestige se o fuel que sae do petroleiro alcanzase as augas territoriais francesas.
"Non podemos estar nun sistema xeral de irresponsabilidade onde cada un pode facer o que queira sen pagar as consecuencias", declarou o presidente francés nunha rolda de prensa ao final do cumio europeo de Copenhague".
O xefe de Estado francés declarou. "No caso do Prestige, no momento en que as augas territoriais estean afectadas - se o están, e hai un grande risco - (...) hei recorrer á xustiza para que instrúa unha causa penal, unha instrucción complementaria do procedemento xudicial español, contra o capitán, o propietario do fretador dese barco e os seus cómplices".
Con respecto a quen son os cómplices, Jacques Chirac citou " a sociedade de cualificación, a aseguradora do barco, e a sociedade que xestionaba realmente a bandeira das Bahamas"
O Prestige, que arboraba bandeira panameña, fora fretado por una sociedade rusa, Crown Ressources, con sede en Suíza e afundiu o 19 de novembro fronte á costa galega.
As augas territoriais sitúanse a 12 millas náuticas da costa.
**********
Chirac saisira la justice en cas de pollution_gl
www.fr.news.yahoo.com/021213...
021213
óscar Ferreiro Vázquez
03 01 10